teatro
Anotacións arquivadas nesta categoría
Anotacións arquivadas nesta categoría
Publicado por admin o 15 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, teatro
Comentarios pechados
Publicado por culturacoruna o 15 out 2009 | Etiquetado como : infantil, teatro

O ciclo das artes escénicas para todas as idades TODO PÚBLICO é un dos alicerces da programación do Forum Metropolitano e compón unha programación estable de teatro para nenos e nenas na cidade. Os espectáculos que compoñen este ciclo son ofertados en días lectivos aos colexios dentro da oferta de teatro escolar e na fin de semana para un público familiar. O ciclo abarca o conxunto das artes escénicas incorporando espectáculos de títeres, teatro-circo e danza.
O obxectivo do proxecto é ofrecer unha programación de artes escénicas á población infantil coa finalidade de enriquecer as súas experiencias para favorecer o desenvolvemento de sensibilidades; crear hábitos culturais na medida na que non satisfacen necesidades naturais e esixen, polo tanto, o descubrimento e o desenvolvemento da vontade; orecer recursos para a formación, na medida na que aportan elementos formativos para a infancia; e favorecer o desenvolvemento de hábitos de convivencia porque a asistenza a unha representación teatral presupon un acto social.
A oferta deste ano contempla un total de 8 espectáculos adicados a distinas franxas de idades (3 para nenos + 3 anos, 3 para nenos + 5 anos e 2 para nenos + 6 anos). Tedes toda a información no programa Todo Público 2009: Folleto 1 + Folleto 2 + Cartaz
Comentarios pechados
Publicado por admin o 06 out 2009 | Etiquetado como : Daniel Cortezón, Narrativa, Obituarios, literatura, teatro
O pasado domingo faleceu no Hospital Xeral de Lugo o dramaturgo e prosista galego Daniel Cortezón Álvarez, nacido en Ribadeo (Lugo) o 6 de febrero de 1927. Entre as súas obras debemos destacar os títulos Xelmírez ou a gloria de Compostela, As covas do rei Cintolo, Pedro Madruga e Prisciliano ou a novela A vila sulagada, gañadora do primeiro premio Blanco Amor.
Comentarios pechados
Publicado por admin o 05 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, teatro
Comentarios pechados