Narrativa
Anotacións arquivadas nesta categoría
Anotacións arquivadas nesta categoría
Publicado por admin o 16 out 2009 | Etiquetado como : Agustín Fernández Paz, Ilustración, Narrativa, Álbum
O vindeiro luns, 19 de outubro, ás 20:00 horas presentarase na Casa do Libro de Vigo o álbum A dama da Luz. No acto intervirán Agustín Fernández Paz (autor do texto), Jorge Magutis (autor das ilustracións) e Helena Pérez (editora do álbum).
Comentarios pechados
Publicado por admin o 12 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura, Luis Lamela, Narrativa, Presentacións de libros
A novela Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón será presentada en Corcubión. O acto, organizado pola concellaría de Cultura e Deportes do Concello, contará coa participación do alcalde Francisco Javier Lema Fuentes e o autor Luis Lamela, e terá lugar o vernes, día 16 de outubro na Casa de Cultura.
Comentarios pechados
Publicado por admin o 06 out 2009 | Etiquetado como : Daniel Cortezón, Narrativa, Obituarios, literatura, teatro
O pasado domingo faleceu no Hospital Xeral de Lugo o dramaturgo e prosista galego Daniel Cortezón Álvarez, nacido en Ribadeo (Lugo) o 6 de febrero de 1927. Entre as súas obras debemos destacar os títulos Xelmírez ou a gloria de Compostela, As covas do rei Cintolo, Pedro Madruga e Prisciliano ou a novela A vila sulagada, gañadora do primeiro premio Blanco Amor.
Comentarios pechados