Eventos literatura

Anotacións arquivadas nesta categoría

Quiosco: Atenea 35

Publicado por admin o 03 nov 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

O Ateneo Ferrolán acaba de tirar do prelo o número 35 da suá revista Atenea, correspondente aos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Para alén dun amplo artigo sobre os 130 anos do Dique da Campá e do seu promotor Andrés Avelino Comerma, a publicación lembra tamén o 30 cabodano de Eduadro Blanco Amor, analiza a vida cotiá no Ferrol do século XIX e atende ao ensino público nas favelas, entre outras moitas cuestións.

Frankfurt debate sobre literatura galega

Publicado por admin o 16 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

O stand compartido entre a Consellaría de Cultura e a Asociación Galega de Editores (AGE) acolle hoxe a celebración da mesa redonda 'Proxección da literatura galega no exterior' na que os autores Marina Mayoral, Vicente Araguas e Alfredo Conde falarán sobre a presenza das letras galegas no mundo.

O lobo no imaxinario

Publicado por admin o 16 out 2009 | Etiquetado como : Actividades AELG, Eventos literatura

A segunda edición das Xornadas de Literatura Oral organizada pola Asociación De Escritores en Lingua Galega (AELG) arranca hoxe en Lugo. Nesta volta a atención céntrase na presenza do lobo na literatura oral galega baixo o lema 'O mito que fascina: do lobo ao lobisnomes'.

Destino edita en galego catro títulos da saga do rato Gerónimo Stilton

Publicado por admin o 15 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura, Presentacións de libros

É todo un fenómeno literario. O rato Gerónimo Stilton está a arrasar nas librarías de varios países ata tal punto, que moitos críticos aseguran que é comparable ao fenómeno Harry Potter. Pois ben, da man da editorial Destino, o ratiño fala galego. Benvidos ao castelo da rocha rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus, Na procura da marabilla perdida e O meu nome é Stilton. Gerónimo Stilton son os catro títulos que Destino traduciu e que xa se pode atopar nas librarías.

Os ebooks galegos estréanse co novo de Ameixeiras e Suso de Toro

Publicado por admin o 15 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

A principios de novembro, Xerais lanza dúas novidades literarias de forma simultánea en formato impreso e electrónico.

Galiza participa cun stand propio na Feira do Libro de Frankfurt

Publicado por admin o 13 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Cun stand de 70 metros cadrados compartido entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega de Editores, Galiza estará presente nesta feira, o maior acontecemento do mundo editorial a nivel mundial que se celebra a partir de mañá e até o domingo na cidade alemá de Frankfurt.

Corcubión: presentación da novela Escapado de Luis Lamela

Publicado por admin o 12 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura, Luis Lamela, Narrativa, Presentacións de libros

A novela Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón será presentada en Corcubión. O acto, organizado pola concellaría de Cultura e Deportes do Concello, contará coa participación do alcalde Francisco Javier Lema Fuentes e o autor Luis Lamela, e terá lugar o vernes, día 16 de outubro na Casa de Cultura.

24 editoriais galegas expoñen en ‘Liber’

Publicado por admin o 07 out 2009 | Etiquetado como : Eventos cultura, Eventos literatura

O sector editorial galego participa cun stand promovido pola Consellaría de Cultura e a Asociación Galega de Editores (AGE). Neste espazo debaterase sobre xornalismo e literatura.

Edicións Xerais cumpre 30 anos

Publicado por admin o 05 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Edicións Xerais de Galiza cumpre este luns, 5 de outubro, o 30 aniversario da súa fundación en Vigo, tres décadas nas que a editora publicou 3.200 títulos e vendeu máis de 10 millóns de exemplares.

María Reimóndez faise co premio Plácido Castro de tradución

Publicado por admin o 04 out 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura, Sen clasificar

O VIII Premio Plácido Castro de Tradución ía este sábado para a escritora María Reimóndez. O seu traballo ao verter para a nosa lingua a obra >Mary Prince, unha escrava das indias occidentais valeulle os 3.000 euros do galardón. O xurado destacou a importancia desta obra, un clásico literario da loita contra a escravitude. Tamén recibiu un accésit neste mesmo certame Rafael Salgueiro polo seu traballo con O libro da selva

Seguinte páxina »