Artes escénicas

Anotacións arquivadas nesta categoría

‘Catropezas’ continúa malia a falta de recursos

Publicado por admin o 06 nov 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, danza

O Festival de Danza 'Catropezas' que organiza o Teatro Ensalle de Vigo empeza hoxe. Malia o recorte de fondos por parte da consellaría de Cultura, que este ano non aportará 8.000 euros ao evento, o festival contará con 13 actuacións até o vindeiro día 29 de novembro.

‘Tres’ abre o festival de danza Catropezas en Vigo

Publicado por admin o 06 nov 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, danza

Permeabilidade das salas e a diferenciación de públicos, claves para o teatro

Publicado por admin o 22 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas

A segunda mesa de debate da Feira das Artes Escénicas centrouse en analizar os novos formatos escénicos. O acto serviu para poñer en común as diferentes fórmulas de integración das linguaxes máis contemporáneas e anovadoras nas carteleiras teatrais.

Paco Bezerra gaña o Premio Nacional de Teatro

Publicado por admin o 15 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, teatro

Recibiu o galardón pola súa obra, 'Dentro de la tierra', coa que xa se levara o Calderón de la Barca en 2007

O epicentro da escena

Publicado por admin o 14 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, Galicia Hoxe - Maré

A Feira Galega das Artes Escénicas acollerá a estrea absoluta de "Rosalía, a pulga que escribía" de Galitoon e "Shakespeare para ignorantes" de Mofa e Befa

Monicreques wireless

Publicado por admin o 12 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas

Sen dúbida, os espectáculos de monicreques supoñen un dos elementos máis artesáns que podemos atopar na oferta cultural. Desde a propia fabricación dos personaxes ata a súa manipulación, falamos dunha arte que mantén en boa medida a súa esencia desde hai séculos. No entanto, tamén esta actividade aprende a aproveitar as novas tecnoloxías. Dentro do festival Galicreques, unha mesa redonda analizou esta cuestión.

Presentada a nova carteleira do Salón Teatro

Publicado por admin o 07 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas

O Salón Teatro de Santiago inicia a súa tempada escénica 2009-2010 cun novo ciclo de programación trimestral que dará cabida a un total de 34 funcións de teatro e danza a cargo de 15 compañías.

Compañías de Europa e Hispanoramérica protagonizan unha nova edición do FITO de Ourense

Publicado por admin o 06 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas

Quince funcións, tres escenarios e nove días. Estes son algunhas características do FITO, o festival internacional de teatro de Ourense, que se desenvolve do 24 de outubro ao 1 de novembro. Un encontro que ten carácter internacional e haberá compañías chegadas de Chile, Brasil, Italia ou Arxentina. O Teatro Principal, o Auditorio, varios edificios do Campus e as rúas da cidade serán os escenarios deste encontro que fai parte das actividade da compañía Sarabela Teatro.

A Sinfónica comeza o ano Gaos cunha ópera inédita

Publicado por admin o 06 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas, Música

Amor vedado, a única ópera do compositor galego Andrés Gaos, chegará por vez primeira aos escenarios cando se fan 50 anos do falecemento do seu creador. A Orquestra Sinfónica de Galicia presentaba onte o espectáculo, que se desenvolverá mañá, día oito, no Palacio de Ópera da Coruña a partir das oito e media da tarde. A formación continuará ao longo da temporada con propostas arredor deste creador, e prevé gravar toda a súa obra sinfónica e camerística. Pola súa banda, a Universidade da Coruña centrará en Gaos diferentes actividades no marco das II Xornadas de Divulgación do Patrimonio Musical Galego, que comezan o vindeiro día 13 cunha mesa redonda.

As novas tendencias de programación teatral a debate

Publicado por admin o 06 out 2009 | Etiquetado como : Artes escénicas

A Feira das Artes Escénicas, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro, ademais de recoller un cartel artístico que exhibirá as últimas propostas de 20 compañías galegas de teatro e danza, celebrará dous debates sobre a actualidade escénica. As estratexias de comunicación dos espectáculos e a programación de novas tendencias son o tema de fondo de ambas conferencias.

Seguinte páxina »