setembro 2009

Arquivo mensual

Uxía presenta o seu novo traballo ao longo de Brasil

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Música

Paulo Borges colabora no disco

Mulleres Arte + Parte lembra as achegas que fai a muller

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Artes plásticas e visuais, Cultura

Terá lugar a finais do mes de outubro

Bartleby, o escribente (Edicións Xerais de Galicia)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall Srett onde traballa ás ordes dun avogado. Porén, un bo día, cando o seu xefe lle pide que examine con el un documento, Bartleby se nega con total serenidade dicindo: “Preferiría non facelo”. Dende entón, diante de calquera requerimento do avogado, o narrador do relato de nome descoñecido, contesta coa mesma frase: “Preferiría non facelo”. O avogado descubre que Bartleby quedou vivir na oficina e, como se nega a obedecerlle e despois a escribir máis, o despide. Porén, este curioso personaxe se nega a marchar e continúa vivindo na oficina. O xefe que é incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. Cando chegan novos inquilinos, Bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere a súa situación.
[Presentación editorial]

A deleiba do mundo (Edicións Xerais de Galicia)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

“Entramos no novo milenio sen compás”, con esta frase comeza este ensaio no que Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela. Para Maalouf dende os primeiros meses do século XXI veñen producíndose acontecementos desacougantes que inducen a pensar que o mundo coñece unha deleiba maior, e en varios ámbitos ao tempo. Deleiba económica e financeira, que transforma o planeta enteiro nunha zona de turbulencias de consecuencias imprevisibles, que constitúe, en si mesmo un síntoma dunha perturbación do noso sistema de valores. Deleiba climática, resultado dunha longa práctica de irresponsabilidade colectiva. Para o autor libanés non estaría de máis preguntarse se diante dunha situación semellante, a nosa especie non acadou, dalgún xeito, o limiar dun conflito de incompetencia moral se non acaba de iniciar un movemento de regresión que ameaza con derrubar o que tantas xeracións sucesivas tardaron en edificar. Para Maalouf a deleiba do mundo ten menos que ver co “choque de civilizacións” que co esgotamento simultáneo dos nosos modelos sociais. Sobre todo, o dos ámbitos culturais cos que el se identifica: o occidental e o do mundo árabe. O primeiro, por ser pouco fiel aos seus propios valores; o segundo, por atoparse pechado nun impasse histórico. Un diagnóstico inquedante que desemboca nunha nota de esperanza. Segundo Maalouf, o período axitado no que entramos podería levarnos a elaborar unha visión por fin adulta das nosas identidades, das nosas crenzas, das nosas diferenzas e do destino do planeta que compartimos.
[Presentación editorial]

Memorias dun ninguén (Galaxia)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial.
Contar o pasado para traelo ao presente é o obxectivo de Carlos Mella en Memorias dun ninguén. Desde a senectude o protagonista percorre o fío do tempo vivido: a Guerra Civil vista a través dos ollos dun neno, a mocidade durante o franquismo, a fartura da ilusión e as ambicións logradas... a inanidade final.
O autor de Non somos inocentes volve contemplar os tempos idos porque, fóra dese escenario dá brincos a vida, os actores non somos ninguén.
[Presentación editorial]

O contador de estrelas (Edicións Obradoiro)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañándo á nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.
O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dun ha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.
[Contracapa do libro]

Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades (Galaxia)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

A partir dun rigoroso traballo de investigación, Luís Rei reconstrúe o camiño longo existencial do poeta Ramón Cabanillas.
Velaquí unha biografía que combina testemuños, documentos e literatura para achegar o lector a unha das figuras que viviu de preto períodos e acontecementos fundamentais de Historia galega do século XX. Das Irmandades da Fala á Ditadura de Franco, da emigración cubana e o movemento agrarista ao galeguismo de posguerra e o mito do poeta da patria. Un relato contado co pulso do narrador e a obxectividade do auténtico cronista.
[Presentación editorial]

Erofanía. Triloxía poética (1995-1998) (Espiral Maior)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Ve a luz a obra Erofanía. Triloxía poética (1995-1998), de Yolanda Castaño, un volume que reúne en edición corrixida, actualizada e definitiva os tres primeiros libros da autora, un conxunto poético que a converteu nun dos referentes da poesía galega actual.
[Presentación editorial]

A gorida do verme branco (Urco Editora)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

En plena Época Vitoriana nun condado da campiña inglesa, onde antano se erguía o reino de Mercia, corren rumores de que nas profundidades da terra aínda habita un monstro de eras pretéritas, ao que chaman "O Verme Branco". Esta é a última novela escrita polo afamado autor de "Dracula", unha historia de misterio e terror vitoriano que nos fai pensar en que no máis profundo aínda pode haber criaturas que son o mal encarnado...
[Presentación editorial]

E Xoel aprendeu a voar (Edicións Obradoiro)

Publicado por admin o 30 set 2009 | Etiquetado como : Eventos literatura

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza brasileira pola que suspira o protagonista. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos que secundarán as andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que constrúe un motoveleiro e vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén o interese e a intriga ata o final.
[Contracapa do libro]

Seguinte páxina »